EconomíaEconomíaÚltima hora

Unhas xornadas analizarán en Trives figuras de protección medioambiental

O acto terá lugar o 16 de abril no Auditorio Julio Vázquez

IMG

O Grupo de Esquerda Unitaria de Europa-Esquerda Verde Nórdica por AGEe, organiza a través da eurodeputada Lidia Senra, a xornada aberta “As figuras de protección medioambiental da Unión Europea en zonas de montaña” que terá lugar o vindeiro sábado 16 de abril no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives (Ourense).

Nos debates destas xornadas tomarán parte persoas expertas en figuras de protección ambiental, labregos titulares de experiencias de produción en zonas de alta montaña, así como representantes de diferentes Parques Naturais do Estado español e de Portugal, co obxectivo de “poñer en valor as figuras de protección, analizalas e debater sobre elas como unha vía máis para contribuír a manter a montaña viva”.

Artigos relacionados

Back to top button