EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unhas xornadas sobre viticultura chegan á Rúa da man da Asociación Agraria de Galicia

Terán lugar dende o vindeiro luns 29 de xullo ata o venres 2 de agosto

 

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Agraria de Galicia organiza, dende o luns 29 de xullo ata o venres 2 de agosto, unhas xornadas sobre viticultura na Rúa. Terán lugar na sede da organización a partir das 19:00 horas. Así, esta iniciativa está enmarcada dentro das accións formativas promovidas polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Estas xornadas contarán cun grupo de expertos, os cales analizarán algúns dos problemas que máis preocupan aos viticultores. Algúns dos temas que se desenvolverán serán o control da calidade alimentaria, a trazabilidade en viñas e adegas, o carnet de manipulador de alimentos ou os alérxenos no sector agroalimentario.

Este curso está financiado polos fondos FEADER, polo tanto, é gratuíto ata completar o aforo máximo. Así, para inscribirse, os interesados deberán acudir á sede da Asociación Agraria de Galicia da Rúa Progreso 74, ou a través dos teléfonos 637 54 73 99 / 663 09 00 13.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button