OurenseÚltima hora

UNICEF e o Concello continúan a traballar en políticas de apoio á infancia

Jesús Vázquez, Sofía Godoy, Belén Iglesias e Miriam Garabito na xuntanza de hoxe. 

O Concello de Ourense e Unicef continúan a traballar conxuntamente para a integración das políticas de apoio á infancia en todas as áreas de goberno. Lembrar que Unicef recoñeceu o pasado ano ao Concello de Ourense polas súas boas prácticas na sensibilización ambiental coa infancia no Botánico de Montealegre, motivo polo que lle foi entregado un galardón o pasado 15 de novembro en Santander.

Esta mañá, o alcalde da cidade Jesús Vázquez, e as concelleiras de Asuntos Sociais e Educación, Sofía Godoy e Belén Iglesias, mantiveron unha reunión coa presidenta de Unicef Galicia, Miriam Garabito, así como coa responsable de Sensibilización, Marta Andrade; e técnicos municipais das áreas Social e Educación.

Esta reunión serviu para seguir traballando a prol da integración de políticas efectivas de apoio á infancia dun xeito transversal en todas as áreas de Goberno, toda vez que xa se rematou o diagnóstico e se ten revisado tamén o Plan de Infancia por parte dos técnicos municipais.

Artigos relacionados

Back to top button