EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Unindo viño e turismo

Máis de 150 persoas, nas III Portas Abertas en Valdeorras

Once adegas da Denominación de Orixe Valdeorras descubríanse ante os enoturistas na fin de semana do 7 e 8 de xuño nun programa de portas abertas, promovido pola Axencia de Turismo de Galicia, que incluía visitas guiadas polas instalacións e polos viñedos, xunto con catas.

Como novidade, nesta terceira edición en Valdeorras ofrecíase a posibilidade de usar un autobús gratuíto para achegarse a cada unha desas adegas: Godeval, Roandi e Virxe de Galir (no concello do Barco), O Casal e O Cepado (Rubiá); Ruchel, Avelina e D’Berna (Vilamartín), Adega da Pinguela (Petín), Alán de Val, Melillas e A Coroa (A Rúa).

Houbo asemade outras actividades dúas festas do viño, unha ás beiras do Sil, no Malecón do Barco, e a outra na zona de covas de A Coroa (Rúa).

Unhas 150 persoas participaban nesta fin de semana adicada ao enoturismo en Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button