EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unión Agrarias denuncia a responsables do CRDO Valdeorras

O presidente do consello lamenta as críticas expresadas publicamente polo sindicato e di que, chegado o momento se defenderá “conforme a dereito en sede xudicial das medidas verdades desprendidas dunha auditoría feita baixo encarga”
Xosé Ramón González e Evaristo García, de Unións Agrarias, na rolda de prensa.

Unións Agrarias convocaba na mañá do 9 de outubro aos medios para anunciar que o venres 6 de outubro se presentou, por parte deste sindicato, unha denuncia penal contra os presidentes do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras nos anos 2014 e 2015, así como contra o director técnico do organismo e a súa secretaría. A denuncia responde ás “irregularidades detectadas nas auditorías realizadas sobre eses anos”, e que eran encargadas durante a presidencia de Francisco García na D.O.(2016-2017). Así o explicaba Xosé Ramón González, secretario de Agricultura e Producións Extensivas de Unión Agrarias, que comparecía na rolda de prensa xunto a Evaristo García, vocal do sindicato no actual pleno do consello valdeorrés.

Dende Unións Agrarias tamén se recordaba que hai uns meses se presentaba un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pedindo a retirada da candidatura dos viticultores independentes que se presentaba ás pasadas eleccións da D.O. Neste senso, Xosé Ramón González pedía á Consellería do Medio Rural que “tomase cartas no asunto” e “poña remedio á situación”.

Pola súa banda, o actual presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, respondía ás manifestacións de Unións Agrarias asegurando que reitera a súa vontade de “gobernar o organismo de xeito inclusivo, coas achegas de todos os membros do pleno, e alonxado do espírito de confrontación e de permanente bronca que imperou na entidade no último ano e medio. Imos intentar cumprir coa encarga da conselleira do Medio Rural, quen publicamente nos pediu, durante a súa participación na última Feira do Viño da comarca, que se fale sempre en positivo da D.O., endexamais en negativo”.

García Pando lamentou as críticas expresadas publicamente por Unións Agrarias e di que a súa actitude e argumentos só se xustifican ben por “un mal perder” ou ben pola “necesidade imperiosa de intentar confrontar e facer ruído mediático ante a perda de influencia e peso social deste sindicato en Valdeorras, en particular, e en Galicia, en xeral”.

Ao respecto da denuncia penal contra a súa persoa e o persoal do CRDO Valdeorras, García Pando sinalou que, chegado o momento, se defenderá “conforme a dereito en sede xudicial, se fora o caso, das medias verdades (que son a mentira máis grande) desprendidas dunha auditoriía feita baixo encarga”.

Artigos relacionados

Back to top button