DeportesÚltima hora

UNITEGA lembra a restricción da actividade cinexética durante o estado de alarma

A Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia, asegura que "non está permitida ningunha modalidade de caza (colectiva ou individual) salvo as que se autoricen por danos agrícolas e por accidentes de tráfico, ou para previr a entrada da peste porcina africana"

 

O estado de alarma afecta a todos os sectores e o da caza non é unha excepción. Dende UNITEGA (Unión de Asociacións Titulares de Tecores de Galicia), lembran que mentres dure esta situación, “non está permitida ningunha modalidade (colectiva oo individual), salvo que se autoricen por danos agrícolas, danos por accidentes de tráficou ou para previr a entrada da peste porcina africana”, polo que “está prohibida temporalmente a realización dos recechos de corzo que comezaban o vindeiro 1 de abril”.

Dende o colectivo, con sede en Xinzo de Limia, lembran que a norma dictouse no acordo do Cecop (Central de Coordinación para Operativos da Comunidade Autónoma de Galicia) de 15 de marzo (DOG número 51, de 15.3.2020), que estableceu no apartado decimoterceiro “a prohibición temporal de todas las accións de caza colectiva no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto autorizacións excepcionais por razóns de prevención dos accidentes de tráfico, danos á agricultura ou á gandería, e riscos en sanidade animal, ocasionados por especies cinexéticas (especialmente o xabarín), onde se permiten as medidas de control en función da comprobación previa dos danos polas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda”.

Asemade, con data de 18 de marzo, o Cecop acordou a ampliación da prohibición citada a todas as accións de caza.

Artigos relacionados

Back to top button