DeportesÚltima hora

UNITEGA solicita unha moratoria no pago de licenzas de caza e matrículas de tecores

A Unión de Tecores de Galicia propón ampliar doce meses máis a súa vixencia

 

Coa intención de que sexn plantexadas e aprobadas no Comité Galego de Caza que se prevé celebrar nos vindeiros días, a Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) solicitou á Dirección Xeral do Patrimonio Natural, unha serie de medidas económicas e de xestión, entre as que destaca “ampliar doce meses máis a vixencia da última licenza de caza pagada polos cazadores, así como para a última matrícula anual pagada polas sociedades de cazadores”.

No que se refiere a medidas de xestión cinexética, solicitan que “na vindeira tempada se manteña a caza do xabarín nos vedados de caza dos Tecores, w que vuelva permitir a caza das femmias de corzo e cervo nas modalidades de batida, montería e axexo cando así esté contemplado nos Plans de ordeación dos Tecores”.

A maiores, piden que “o día en que comeza o período hábil da tempada con carácter xeral (domingo), coincida co último día de caza da tempada de corzos e corzas nas modalidades de batida e montería, posto que ese mesmo día seguiranse realizando cacerías de xabarín, que non supón interferencia algunha coa práctica da caza menor”.

Artigos relacionados

Back to top button