DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 115 padexeiros ourensáns reúnense na Rúa, na quinta regata provincial da tempada

Na competición participaron cinco clubs da provincia: Allariz, O Barco, Ourense, Muíños e Avión

Un ano máis, as augas do encoro de San Martiño na Rúa acollían na mañá do 7 de agosto a quinta regata provincial da tempada.

Na proba naútica, Copa Deputación Concello da Rúa, organizada polo Federación Galega de Piragüismo, o Club Fluvial Barco e o Concello contou coa participación duns 115 padexeiros de cinco clubs ourensáns: o Fluvial Allariz, o Fluvial Barco, o Piragüismo Ourense, o Fluvial Muíños o Fluvial Avión.

As primeiras en saír eran as categorías cadete masculino e feminino, xuvenís, sénior e veteranas. De seguido tocáballe o turno aos prebenxamíns e o resto de caregorías rematando cos sénior e veteranos masculinos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button