DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 120 atletas, na primeira xornada no Barco da Liga Abanca de categorías menores

A competición nas categorías base volvía ás pistas de Calabagueiros (O Barco) na tarde do 26 de outubro. Uns 120 atletas participaban na primeira das tres xornadas previas da VIII Liga Abanca de categorías menores (Sub10, Sub12 e Sub14) de inverno. Había rapaces e rapazas das escolas de atletismo do Barco, da Rúa e de Trives, así como do Club Adas, do Club Atletismo Rúa e do colexio de Viana do Bolo.

 

 

O programa comezaba ás 16h. coas probas de salto de valados (0,84) Sub14, co salto de lonxitude Sub12 e co lanzamento de peso Sub10, nos tres casos nas categorías masculinas. A partir de aí ían desenvolvéndose as diferentes probas ata chegar aos 60 metros lisos.

Esta xornada ten sido organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) co control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close