DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 130 ciclistas na marcha BTT de Petín

A ruta, de 40 quilómetros, discorreu por sendeiros de todo o municipio

Un ano máis, o domingo previo ás festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana, celebrábase a marcha BBT polas estradas e camiños do municipio de Petín. Uns 130 cilistas participaban na proba, endurecida polas chuvias caídas na fin de semana, que tiña como punto de partida a praza Manuel Quiroga, na mañá do domingo 20 de xullo.

Dende aí, os ciclistas iniciaron o percorrido duns 40 quilómetros polo entramado de rúas da vila, antes de continuar por camiños e sendeiros con espectaculares vistas, rumbo aos diferentes pobos do concello.

A proba é organizada pola Asociación Cultural Fonte Grande, e remataba coma sempre cun xantar no Teleclub.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button