DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 130 participantes na X edición da andaina nocturna Os Mouchos

A marcha saía da praza do Concello co Barco ás 23h. do 4 de agosto

Dez anos despois de dar vida á iniciativa, o Club Peña Trevinca Barco mantén a andaia nocturna Os Mouchos. Unha proba non competitiva que reunía a uns 130 participantes na noite do 4 de agosto.

Coa praza do Concello como punto de partida, cos chalecos e pulseiras reflictantes así como as lanternas sobre a fronte, os andarines partían rumbo aos montes do Barco, nun percorrido que segundo o presidente do club, Pablo Aller, leva unhas tres horas completar e que realizaban distribuídos por grupos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button