En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Uns 130 participantes na XII Andaina de Outono do Barco

Cunha notable participación se desenvolvía a XII Andaina & Trail de Outono do Barco. Especialmente numerosos eran os participantes na andaina, que era ademais a proba que abría o programa desta cita deportiva que se desenvolvía na mañá do 29 de outubro.

Dende a praia fluvial do Malecón barquense saían ás 9:30h. os 130 participantes nesta camiñata que cubría unha distancia duns 14 km. Unha hora despois comezaban a carreira, dende ese mesmo punto os participantes no trail longo (de 22 km.) e xa pasadas as once facíano os do trail curto (14 km). Esta iniciativa ten sido organizada polo Club Peña Trevinca Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos do Trail de Outono:
https://osil.info/jose-gonzalez-marcos-rodrigues-imponense-no-trail-de-outono-barco/

Artigos relacionados

Back to top button