OurenseÚltima hora

Uns 130 voluntarios de Protección Civil colaboran co Rallye de Ourense para garantir a seguridade

O dispositivo estará formado por agrupacións de toda a provincia

 

Entre hoxe, 24 de xullo, e mañá terá lugar o 53 Rallye de Ourense-Ourense Termal no que se contará coa colaboración de máis de 130 voluntarios de agrupacións de Protección Civil de toda a provincia para garantir a seguridade.

 

 

Durante a fin de semana, prevese que acudan aos tramos as agrupacións de Parada de Sil, A Pobra de Trives, Xunqueira de Espadanedo, O Ribeiro, Castro Caldelas, Carballeda de Avia, Amoeiro, Coles, Toén, Paderne de Allariz, Celanova e Boborás.

Fotos: Protección Civil Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close