DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 140 ciclistas percorren o municipio da Veiga na III BTT Trevinca

O Tres Lunas Valdeorras domina a proba con tres corredores no podio masculino

 

A praza do Concello da Veiga acollía na mañá do 29 de setembro a saída da III edición da BTT Trevinca que contou cuns 140 inscritos, entre eles o campión de España e xefe de filas do Tres Lunas Valdeorras, Brandan Márquez.

Tal como explican dende a organización, a novidade deste ano que contou con dúas rutas (unha longa de 62 km e outra curta de 33) é que a proba se celebrou por GPS unicamente. É o que neste deporte se coñece como navegación, “un sistema que queremos ir implantando pouco a pouco, especialmente en rutas de alto valor natural e paisaxístico como esta, con moi pouca marxe para pasar”, explica Pablo Diéguez Cerdeira, asegurando que é unha forma de ir educando á xente. “Todos os corredores que temos hoxe aquí saben navegar e iso limita a inscrición e impide que teñamos 300-400 participantes pero penso que imos polo bo camiño”, sentencia.

 

O alcalde da Veiga Juan Anta con persoal do Concello.

 

Esta é sen dúbida unha das probas deportivas de referencia no concello da Veiga e así o constata o alcalde, Juan Anta, quen asegura que “se consolida ano tras ano con maior ou menor número de participantes, ás veces por non ter un calendario máis ou menos oficial para todos os concellos porque nos solapamos uns a outros”. Con todo, asegura que esta proba, na que fan un guiño á promoción do futuro observatorio astronómico que comezará o ano que vén (a ruta longa chega ata o entorno no que se ubica), é unha referencia e segue fiel a idea do Concello de manter un turismo sostible ao longo de todo o ano.

Con respecto ás clasificacións non houbo sorpresas subindo ao podio tres ciclistas do Tres Lunas Valdeorras. O primeiro en cruzar a liña de meta era Brandan Márquez Fernández, segundo era José Antonio Alonso Real e terceiro Luis Vaye Macías.

Fotos: Carlos G. Hervella.

As imaxes da galería son da saída da proba na praza do Concello e os vídeos de tres momentos do percorrido.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button