CulturaCulturaÚltima hora

Uns 200 actores participarán no festival de teatro Entreculturas de Verín

Esta edición contará con oito funcións e celebrarase entre os meses de outubro e novembro
La Caja de Pandora. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Auditorio Municipal de Verín acollerá, durante os meses de outubro e novembro, as representacións do VIII Festival de Teatro Entreculturas no que participarán grupos e compañías de teatro afeccionado galegos e portugueses.

O festival, que nesta edición fai unha clara aposta por os grupos de teatro locais, está organizado pola Asociación para la Cultura y el Ocio: La Caja de Pandora de Verín, en colaboración do Concello. As oito funcións programadas comezarán ás 20:30 horas.

O programa abrirase o 12 de outubro con “A illa marela” de Teatro-Coles (Coles). Ao día seguinte tocaralle ao grupo de teatro do IES Taboada Chivite que interpretará “Musical Grease”; e o 14 de outubro, Silvadeiras Teatro (Allariz) porán en escena a obra “Tarabeleando con Mario”.

Na seguinte semana, o 21 de outubro Vai-Avante (Gondomar, Oporto. Pt.) interpretará “Sganarello o cornudo imaxinario”; e o 22 de outubro Tecedora de Soños (Verín), presentará varias obras: “Lisístrata”, “Sinceridade”, “Carta de amor a Sara”, “Unha cuestión de amor” e”Un bocadillo de miúdos”.

Pechando o mes, o 27 de outubro Teatro Experimental de Barbadás interpreteará “A farsa de Inés Pereira” e xa o 4 de novembro, La Caja de Pandora (Verín) baixará o pano coa obra “W.C. (O baño)”.

Tal como adiantan dende o Concello, para acceder a cada unha das representacións será necesario realizar unha achega de 3 euros que a asociación La Caja de Pandora destinará a sufragar o aloxamento e manutención dos case 200 actores que participan no festival.

 

Cartel do VIII Festival de Teatro Entreculturas.

Artigos relacionados

Back to top button