A RúaConcellosÚltima hora

Uns 200 quilos de castañas asadas no XXV Magosto popular da Rúa

Publicidade

 

Con dúas semanas de retraso con respecto a data programada inicialmente por mor da previsión de chuvia, na tarde deste sábado 6 de novembro, só un día despois do de Abertal, celebrábase o magosto popular organizado polo Concello da Rúa.

Coma sempre, a tradicional festa celebrábase na explanada da Estación de Autobuses, onde os asistentes puderon degustar o menú (bolo preñado, empanada, bica, viño e/ou auga e castañas asadas). A bebida estaba repartida polas mesas mentres que a merenda era entregada a cada asistente no interior da cantina de Renfe, a empanada e a bica en paquetes individuais e as castañas en vasos de papel.

Tal como adiantan dende o Concello, nesta ocasión asáronse uns 200 quilos de castañas, contando coma sempre coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button