DeportesÚltima hora

Uns 220 cativos participarán mañá no campionato provincial de orientación en idade escolar, no Barco

A cita será no Salgueiral a partires das 11:30 horas deste venres 23 de marzo
Orientación no Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

Mañá, venres 23 de marzo, celebrarase no Barco de Valdeorras o campionato de orientación en idade escolar de Ourense, coa participación duns 220 cativos das categorías infantil e cadete na modalidade de carreira sprint en parque (Park-O).

Organizado pola sección de orientación do Club Peña Trevinca-Barco, a delegación ourensá da FEGADO (Federación Galega de Orientación) e o Servizo Provincial de Deportes de Ourense (Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia) o campionato desenvolverase na área recreativa do Salgueiral conforme ao seguinte programa: Ás 10:30h. abrirase a secretaría no pavillón de Calabagueiros coa entrega de dorsais e pinzas electrónicas. Ás 11h. darase unha breve explicación sobre a carreira aos participantes, e ás 11:30h. sairán os primeiros. A entrega de medallas está prevista para as 14h.

Os clubs participantes son: Colexio Divina Pastora do Barco, Colexio Divina Pastora de Ourense, CPI Virxe da Saleta de Cea, CPI Antonio Faílde de Cambeo, A.D. Limiactiva de Xinzo, Peña Trevinca O Barco, IES Lagoa de Antela de Xinzo, colexio Divino Maestro de Ourense e colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button