DeportesÚltima hora

Uns 300 deportistas participan esta fin de semana no galego de orientación en O Bolo

Eros Álvarez Dacosta (Peña Trevinca Barco) imponse en Masculino 21B no campionato de O-Pé. Mañá será a proba en BTT

 

O concello de O Bolo convertíase na mañá deste sábado 20 de marzo no centro galego de orientación. Pasadas as 10:30h. comezaba no mapa de “O Serro-A Mourela” a segunda proba da XXX Liga Galega de Orientación a Pé cun total de 213 inscritos. Unha boa ocasión para situar no mapa a este fermoso municipio valdeorrés a través do deporte, tal como explican dende o Concello.

 

 

 

Seguindo un riguroso protocolo de seguridade anticovid, na competición celebrada no Bolo participaban orientadores de numerosos clubs galegos (Club Fluvial Lugo, Ferrol Montaña, Coruña Árbabros, Pontevedra Aromon, Fonteculler, U-Vigo, Ordes Seo, A Coruña Liceo, OP Betanzos, Porto do Son, A Coruña COCO, As Neves, Limiactiva, A Coruña Brigantia, Pontedeume) e mesmo de fóra de Galicia (León Alcon e Extremadura Codan), sen esqueder ao Peña Trevinca Barco, organizador da proba en colaboración coa Federación Galega de Orientación e o Concello de O Bolo que participou con 7 deportistas.

 

 

Trátase dunha carreira de distancia longa, puntuable para o campionato galego nas diferentes categorías. En elite, o vencedor en O Bolo era Ángel García García do Club A Coruña Brigantia que facía un tempo de 61:33 (1). Con respecto ao club anfitrión, o Club Peña Trevinca Barco, Eros Álvarez Dacosta vencía na categoría Masculino 21B mentres que Mailén Aller e Lúa González eran cuartas na categoría F16, e F12 respectivamente.

 

Eros Álvarez Dacosta na saída.

 

Mañá domingo 21 de marzo a partir das 11 horas, tocaralle o turno a primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2021, sobre o mapa “O Serro-A Fraga dos Ladrois”, na que hai inscritos 88 ciclistas.

Dende a organización califican de alta a participación, tendo en conta a situación sanitaria que a diminúe considerablemente. Así e todo a resposta foi moi boa, sumándose o mapa de O Bolo aos outros tres que hai no Barco de Valdeorras (Xagoaza, Éntoma e O Salgueiral), destacando comarca en canto a organización de probas de orientación na provincia de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button