DeportesFútbolÚltima hora

Uns 35 cativos participan no Campus de Fútbol, Ocio e Deporte Vilamartín 2021

Comezaba o luns 28 de xuño e estenderase ata o sábado 3 de xullo en horario de mañá e tarde

Publicidade

 

Dende o luns 28 de xuño e ata o sábado 3 de xullo, uns 35 cativos participan no Campus de Fútbol, Ocio e Deporte Vilamartín 2021 no entorno e instalacións da área recreativa e deportiva O Bañadoiro (pavillón, piscina, campo de fútbol,…).

A base do campus é o fútbol con sesións de tecnificación, adestramentos específicos, campionatos e liguiñas internas, pero ao longo da semana, en horario de mañá e tarde, tamén hai tempo para outros deportes como pádel, tenis, baloncesto ou bádminton, entre outras.

O campus tamén oferta actividades complementarias. Piscina, xogos acuáticos ou travesías en kaiak forman parte do programa, incluíndo como novidade un Escape Room apto tamén para familiares, unha carreira de obstáculos e un roteiro de sendeirismo, entre outras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button