DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 40 xogadores, no I Aberto Internacional de Xadrez celebrado na Rúa

No campionato déronse cita mestres como o búlgaro Vladimir Petkov ou o cubano Arian González

Moi completo e intenso está sendo esta fin de semana na Rúa. Na tarde do venres 7 de xullo arrancaba a III edición do CaViño de Inverno,  o domingo celébrase a IV Ruta BTT Jabalíes e a xornada do sábado estivo adicada ao xadrez ao aire libre.

Pola mañá, a rúa Doutor Vila enchíase de curiosos e afeccionados ao xadrez que desfrutaban dunhas partidas libres e, xa pola tarde, pasadas as catro e media comezaba o I Aberto Internacional para federados.

En total foron 43 os xogadores que participaron neste campionato, chegados dende lugares moi dispares (Valdeorras, Asturias, A Coruña, Ourense, El Bierzo, Chantada, Monforte de Lemos, Verín, León e mesmo Bulgaria ou Cuba). De feito, entre os participantes había tres con gran titulación: o búlgaro Vladimir Petkov, Gran Mestre; o cubano Arian González, Mestre Internacional; e o asturiano Sergio Guerrero, Mestre Fide.

Sergio, é precisamente un dos promotores do Aberto, como profesor de xadrez en Valdeorras e membro da organización. Coa formación en ciernes do futuro Club Xadrez Valdeorras , os seus membros foron os encargados da organización deste torneo que contou coa colaboración do Concello da Rúa. Forman parte do grupo: Cecilia Fernández, Antonio García, Alicia Guerrero, Ulpiano Rodríguez, Álvaro García, Isaac Cruz, Leonardo García, David André Cotarelo, Jairo Borrajo, Sergio Guerrero e Marcos Fernández.

O campionato disputouse a seis rondas de quince minutos e o gañador foi Vladimir Petkov, seguido por Xabier Gómez Domínguez e Sergio Guerreo Olmos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button