ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Uns 400 kg de castañas asadas no Magosto popular na Rúa

Con dúas semanas de retraso con respecto a data programada inicialmente, na tarde do 16 de novembro celebrábase por fin o magosto popular organizado polo Concello da Rúa.

Malia que o tempo segue sen estabilizarse, no momento da festa, celebrada coma sempre na explanada da Estación de Autobuses, a chuvia deu unha tregua e malia ter instalada unha carpa para protexerse, os asistentes puderon degustar o menú (bolo preñado, empanada, bica, viño e/ou auga e castañas asadas) sen ter que estar pendentes da auga.

Tal como adiantan dende o Concello, nesta ocasión asáronse uns 400 kg de castañas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button