ConcellosÚltima hora

Uns 60.000 euros para obras de humanización da rúa principal do Castelo (Rubiá)

Consiste na mellora do pavimento, que está moi deteriorado pola súa antigüidade, e na instalación de sumidoiros de reixa e de alumeado público
O alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, xunto á delgada da Xunta no Castelo.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a executar obras de humanización da rúa principal do núcleo de poboación O Castelo, no concello ourensán de Rubiá. Esta actuación desenvólvese ao abeiro da orde de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia.

Esta actuación consiste na mellora do pavimento que está moi deteriorado pola súa antigüidade e na instalación de sumidoiros de reixa e de alumeado público, infraestruturas das que ata o momento carecía a zona. Proxéctase tamén a creación dunha zona verde, no entorno do local social.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto co alcalde do municipio, Elías Rodríguez, visitaba o esta localidade, pertencente á parroquia de O Barrio de Cascallá, na mañá do 27 de novembro para supervisar estas obras, que supoñen un investimento de 59.738 euros.

 

Outro dos momentos da visita.

 

Trátase dunha intervención que se inscribe no programa de axudas da Xunta dirixido aos concellos orientado a contribuír á humanización das vilas e cidades galegas, co obxectivo de frear o despoboamento mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. Segundo as bases da convocatoria a Rubiá, por seren un concello de menos de 5.000 habitantes, a achega autonómica que lle corresponde é do 100 por cento do proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button