CulturaCulturaÚltima hora

Uns 70 participantes na Andaina Camiño Augas Sacras entre Petín e Larouco seguindo a “Via Nova”

 

A Ponte da Cigarrosa era o punto de partida da Andaina Camiño Augas Sacras que se desenvolvía na soleada tarde deste sábado 6 de novembro. Case 10 quilómetros de percorrido pola Via Nova ou Via VIII (a estrada romana que unía Braga con Astorga) entre os concello de Petín e Larouco. O mesmo que noutros rempos percorrían os romanos, os peregrinos ou os comerciantes.

A andaina, na que participaban unhas 70 persoas de diferentes idades, arrancaba en torno ás tres e media e tras percorrer o centro de Petín, facía a primeira parada no Museo do Boi de Mario Nogueira, para de seguido continuar rumbo ata Freixido, con parada no patio da Casa Grande, rematando a ruta en Larouco, con magosto na panadería O Noso Capricho.

Contando coa colaboración de Protección Civil de Petín e Larouco, entre os andarines estaban as alcaldesas de ámbolos dous concellos, Raquel Bautista e Patricia Lamelas, así como o concelleiro petinés Amancio Díaz, entre outros.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button