En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Uns 80 andarines danse cita na proba de outono, no Barco

Os participantes percorrrían un total de 15 km na mañá do 27 de outubro

Cunha notable diminución na participación con respecto ao ano pasado se desenvolvía a 13ª edición da Andaina & Trail de Outono do Barco. Con todo, coma sempre os máis numerosos eran os participantes na andaina, a proba que abría o programa desta cita deportiva que que tiña lugar na mañá do 27 de outubro.

Dende a praia fluvial do Malecón barquense saían ás 9:30h. 80 participantes dos 100 inscritos nesta camiñata que cubría unha distancia duns 15 km. Media hora despois comezaban a carreira, dende ese mesmo punto os participantes no trail longo (de 22 km) e os do trail curto (15 km).

Organizada polo Club Peña Trevinca Barco, cuxos membros tamén participaron (polo menos moitos deles), proba contou coa colaboración de membros de Protección Civil, entre eles de Manzaneda, O Barco e Petín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos do Trail de Outono: https://osil.info/jesus-rodriguez-e-raul-delgado-vencedores-do-xiii-trail-de-outono-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button