SanidadeÚltima hora

A urbanización do Centro de Saúde do Couto estará lista en outubro

Os traballos comezaron o pasado 12 de xuño e son “esenciais” para outorgarlle a licenza de ocupación á Xunta para que o poña en funcionamento
Jesús Vázquez e José Araújo visitaron hoxe as obras xunto aos técnicos. // Foto: Carlos Asensio.

As obras de urbanización da contorna do Centro de Saúde do Couto están a piques de rematar. Estes traballos arrancaron o pasado 12 de xuño e, segundo dixo hoxe, 30 de agosto, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tras visitar a zona cos técnicos e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo: “para a segunda semana de outubro poderemos ver toda esta infraestrutura rematada”, asegurou o rexedor.

Esta urbanización da zona resultaba imprescindible, segundo aseguraron os técnicos municipais, para que o Concello poida darlle a licenza de apertura ao Sergas para que poña en funcionamento esta instalación sanitaria de Atención Primaria. Estas obras tiveron un custo de case 500.000 euros ( 479.710 euros concretamente) aos que hai que sumarlle os 17.908 euros do proxecto.

As obras inclúen accesos dende as rúas da contorna. // Foto: Carlos Asensio. 

En concreto, estas actuacións dotarán ao Centro de Saúde do Couto de novos accesos pola Rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, así como a instalación de novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes. Asemade, vanse planar “unha trintena de árbores”, dixo Jesús Vázquez. Ao mesmo tempo, para garantir a accesibilidade “dos pacientes que así o poidan requirir”, asegurou o rexedor, dotarase á zona de prazas de aparcamento. Ao mesmo tempo instaláronse as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal e instalacións eléctricas e, finalmente, está previsto dotar ao lugar de mobiliario urbano e unha zona verde.

Segundo explicou o alcalde, o obxectivo principal desta obra, ademais de axilizar o proceso para a apertura do Centro de Saúde, “era homoxeneizar a urbanización coa primeira parte que fixemos tras a construción do Pazo de Xustiza”. E asegurou que non os técnicos alegaron que non é posible concederlle a licenza de ocupación á Xunta ata que a obra non estea rematada.

Plano da actuación.

Texto: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button