Publicidade
SanidadeÚltima hora

Usuarios e traballadores da residencia de maiores de Rubiá dan negativo no segundo test do Covid-19

 

Se hai dúas semanas a residencia da terceira idade San Cosme de Rubiá recibía con tristeza e preocupación a noticia de dous “positivos asintomáticos” entre os usuarios, hoxe 7 de maio, están moi contentos e orgullosos, pois veñen de recibir os resultados do segundo test de detección do Covid-19 (test serolóxico IgM/IgG), sendo todos negativos, tanto residentes como traballadores.

Foron quince días convivindo día e noite e dende a residencia aseguran que este resultado “é un triunfo, pero non o final da guerra”, conscientes de que deben seguir loitando e estar vixiantes “para protexelos a eles, a nós e ás nosas familias. Isto non vai ser doado pero polo menos sabemos que o intentamos dunha e mil maneiras”, din, sen esquecer dar as grazas polo apoio nestes días de confinamento e lembrando que “todo sairá ben”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close