EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

UUAA fala de “irregularidades” na auditoría interna realizada no CRDO Valdeorras

O responsable de Agricultura de Unións Agrarias, Xosé Ramón González, comparecía en rolda de prensa no Barco
Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA, xunto a Evaristo García, na rolda de prensa.

Tras analizar a auditoría dos anos 2014, 2015 e 2016 que se vén de realizar no Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e que se lle entregaba ao organismo hai un mes, o responsable de Agricultura de Unións Agrarias (UUAA), Xosé Ramón González, convocaba na mañá do 5 de xullo aos medios de comunicación no Barco para sinalar que neste documento o sindicato detectaba dous tipos de irregularidades: contables e de control.

Tamén explicaba que esa auditoría está xa en mans da Consellería do Medio Rural, quen, segundo dicía, debe tomar cartas no asunto ante a situación. Ademais, Xosé Ramón González, que comparecía acompañado polo candidato da lista de Unións Agrarias ao consello regulador, Evaristo García, anunciaba que nesta semana este sindicato presentará un contencioso adminsitrativo “contra a resolución da Xunta de Galicia de non retirar a candidatura independente” dentro dos viticultores nas vindeiras eleccións ao consello regulador do 9 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button