CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Uxía Senlle cantará a Novoneyra na noite do 13 de xullo no Barco

Con este concerto pecharase o ciclo de oito espectáculo do VI De Perto, organizado pola Concellería de Cultura barquense
Uxía e Sérgio Tannus, durante un concerto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Música e versos fundidos na voz de Uxía Senlle para rematar o VI De Perto no Barco. Esta coñecida cantante presentará en concerto na noite do 13 de xullo ás 22:30h. no Teatro Lauro Olmo do Barco o seu novo traballo, unha particular homenaxe ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, e que leva por título “Uxía-o”.

Di Uxía que “a poesía de Novoneyra ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”. Algo que poderán comprobar as persoas que se acheguen polo auditorio barquense para desfrutar desta actuación na que estará acompañada polo multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus, Santi Cribeiro (acordeón) e Isaac Palacín (percusión).

Artigos relacionados

Back to top button