EconomíaEconomíaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

UXT asina en solitario o convenio colectivo da lousa coa AGP

O sector da lousa xa ten novo convenio colectivo. Asinábano ás 13h. do 1 de xuño os representantes da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) e da UXT, sindicato que representa ao 80% do sector.  O acto tiña lugar no Centro Tecnolóxico da Pizarra e nel tamén estivo presente a CIG, aínda que se posicionaba contrariamente ao acordo. En cambio non estivo CCOO, que tamén ten representatividade na lousa.

Será un convenio a tres anos cunha subida salarial do 0,50% no 2017, doutro 0,50% para o 2018 e dun 1% para o 2019. Outro dos cambios que inclúe é que os traballadores na baixa por accidente pasarán de cobrar o 100% dende o primeiro día ao 90%.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button