DeportesÚltima hora

V Andaina Solidaria da Cruz Vermella, o 17 de xuño no Barco

Sairá ás 9:30h. da sede desta entidade na vila e terá un percorrido de 11,26 km
Participantes na pasada edición da andaina./ Foto cedida.

Por quinto ano consecutivo a Cruz Vermella de Valdeorras organizará na primavera unha andaina solidaria. Está prevista para o vindeiro 17 de xuño e o custe das inscricións será de euros por persoa (inclúe un boleto do Sorteo de Ouro).

Esta camiñata partirá ás 9:30h. das proximidades da sede da Cruz Vermella no Barco e terá un percorrido de 11,26 km. Haberá avituallamento e sorteo de agasallos. As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición na citada entidade, así como en Librería Murciego, Autoescuela Valdeorras, Seg. Catalana Occidente (Nieves R. Voces), Deportes e Bicis Chapi, Tri-Sport O Barco e A Rúa e Ton & Son.

Artigos relacionados

Back to top button