DeportesÚltima hora

V Cross Popular de O Salgueiral, o 22 de novembro no Barco

Trátase da segunda cita do circuíto de carreiras populares “Comparte Valdeorras”
Trazado desta proba./ Fonte: FGA.
Trazado desta proba./ Fonte: FGA.

Tras a competición dos Santiños, chega unha nova proba do novo circuíto de carreiras populares “Comparte Valdeorras”, incluído no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA). Será a quinta edición do Cross do Salgueiral, que se desputará na área recreativa barquense do mesmo nome no mediodía do 22 de novembro.

Este cross terá unha distancia de 5 km no caso das categorías absolutas (tanto masculina como feminina), mentres que os cadetes cubrirán un percorrido de 2,2 km. Á saída da carreira dos maiores está prevista para ás 12h. A partir das 12:45h. comenzarán a competir os infantís (cun traxecto de 1 km), dez minutos despois os alevíns (700 m), ás 13:05h. os benxamíns (500 m) e, finalmente, ás 13:15h. os prebenxamíns (100 m).

Esta competición será organizada polo Club Adas Proinor en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras e coa Delegación da FGA en Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button