PolíticaÚltima hora

V Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” do PP, no Carballiño

Este encontro comezaba o 17 de xullo na Casa da Cultura desta localidade ourensá
Participantes na Escola de Verán do PP, no Carballiño.
Participantes na Escola de Verán do PP, no Carballiño.

Baixo o lema “Pola igualdade real” poñíase en marcha o 18 de xullo a quinta edición da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” do PP na Casa da Cultura do Carballiño. Nela analizábase a necesidade de acadar a igualdade real para erradicar a lacra social da violencia de xénero.

O presidente local do PP da vila do Arenteiro, Argimiro Marnotes, daba a benvida aos participantes e de seguido comezaban as intervencións da man da alcaldesa de Cartelle e senadora, Carmen Leyte; do deputado Rosendo Fernández; e da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, quen expuxo o relatorio “Dez anos da Lei 1/2204, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero”.

A xornada do venres finalizaba cunha mesa redonda baixo o título “Conciliación da vida persoal, profesional e familiar”, na que participaron César Manuel Fernández Gil (presidente local do PP de Ribadavia); Ana María Villarino Pardo (alcaldesa de Oímbra) e Sofía Godoy Gómez-Franqueira (concelleira de Asuntos Sociais, Sanidade, Muller e Igualdade, Xuventude e Voluntariado do Concello de Ourense).

O programa desta escola continuará o 18 de xullo e a súa clausura está prevista para o mediodía e correrá a cargo de Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación.

Artigos relacionados

Back to top button