Galerías de fotosÚltima hora

V etapa do Camiño de Inverno, entre Bendilló e Barxa de Lor

Os membros da Asociación Camiño de Santiago de Invierno por el Bierzo, continúan a súa peregrinaxe polo Camiño de Inverno que atravesa a comarca de Valdeorras. O obxectivo é chegar a Monforte antes de fin de ano, por iso decidían adiantar a V etapa ata o 26 de novembro. Ese día, en torno ás 9:30 horas da mañá o grupo dunhas 110 persoas (do Bierzo e tamén de Valdeorras entre elas o alcalde de Vilamartín) saían dende Bendilló (Quiroga, Lugo) rumbo a Barxa de Lor. O xantar tiña lugar en A Labrada.

Se non hai cambios de última hora, a próxima etapa, entre Barxa de Lor e Monforte de Lemos será o 17 de decembro.

Fotos: Miguel.

Artigos relacionados

Back to top button