ConcellosÚltima hora

V Festa Coveira de Arcos, o 14 de xullo

Participantse na pasada edición da Festa Coveira de Arcos./ Foto: Carlos G. Hervella.
Esta festa que mestura gastronomía, viño e tradición comezará a partires das sete e media da tarde nesta localidade vilamartinesa

O vindeiro 14 de xullo cumprirase a quinta edición da Festa Coveira de Arcos (Vilamartín), unha cita que busca potenciar o valor cultural das antigas adegas soterradas desta zona nun ambiente festivo e compartido entre veciños e visitantes. A partires das 19:30h. unha ducia de singulares e fermosas covas abrirán as súas portas ao público.

Para poder participar na festa será preciso mercar unha entrada, cuxo prezo era de 10 euros na venda anticipada e de 12 euros no caso de comprala o propio día da festa. Coa entrada entregarase unha cunca de barro para degustar os brancos e os tintos das adegas, ademais dos diferentes, abundantes e saborosos pinchos que se servirán nelas.

 

Os Bertolini de Manzaneda animarán esta celebración./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O peregrinar festivo estará animado polo grupo Os Bertolini de Manzaneda. As adegas permanecerán abertas ata as 23:30h. En torno a esa hora sairá a procesión de Don Godellín, figura emblemática da festa, e ao ir pasando polas adegas, éstas pecharán. A partir dese momento a celebración trasladarase á zona do arroio, onde a velada será amenizada pola música dun Dj. Esta V Festa Coveira será organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos coa colaboración do Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button