ConcellosÚltima hora

V Festa da Pisa da Castaña de Purdeus-Chandrexa

Esta localidade de Parada de Sil recreará este proceso tradicional na mañá do 19 de novembro
Recreación da pisa da castaña en Purdeus (Parada de Sil)./ Foto: cedida.
Recreación da pisa da castaña en Purdeus (Parada de Sil)./ Foto: cedida.

Por quinto ano consecutivo, Purdeus-Chandrexa (Parada de Sil) recreará o 19 de novembro unha antiga tradición coa Festa da Pisa da Castaña. Tras pasar dúas semanas secando nun canizo, o día da festa dúas persoas meten as castañas en saquetas e sácanas do sequeiro para comezar a pisa, que consiste en golpealas contra un tallo de madeira. Será a partires das once e media da mañá. Logo faise a criba, que esixe gran destreza.

A celebración compleméntase coa V Feira de Produtos Locais (aberta de 11h. a 16h.) e co xantar popular da castaña. Na pasada edición este evento reunía en Purdeus a unhas 400 persoas. O seu menú (cun prezo de 12 euros por persoa) incluirá empanada, croca de tenreira, sobremesas, acompañadas de bebidas e café. Mái información e reservas en turismo@paradadesil.es.

Esta celebración forma parte do variado programa de actividades de Outono que Parada de Sil vén desenvolvendo dende finais de outubro. Ademais, na fin de semana do 26 e 27 de novembro desenvolverase o II Maratón Fotográfico de Parada de Sil. Ademais durante todas as fins de semana será posible degustar menús elaborados con castaña nos restaurantes deste municipio ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button