EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

V Festa do Botelo do Barco en Vigo, o 9 de marzo

Como en anteriores edicións, terá lugar no Restaurante Hotel Coia da cidade olívica
Imaxe da pasada edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por quinto ano consecutivo o Concello do Barco organizará a Festa do Botelo en Vigo. Terá lugar no mediodía do 9 de marzo no Restaurante Hotel Coia, como en anteriores edicións. A festa “está aberta a todas as persoas que queiran asistir”, indican dende a organización.

O menú, cun prezo de 28 euros, incluirá empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo e chourizos con repolo e cachelos, ademais de torta de roxóns e bica, na sobremesa. Estes pratos irán acompañados por viños da Denominación de Orixe Valdeorras, café e augardentes.

Para máis información e reservas pode chamarse ao teléfono 986 201820.

Artigos relacionados

Back to top button