Galerías de fotos

V Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial de Trives

As rúas do casco antigo trivés vestíanse de festa coa celebración dunha ampla e variada mostra de artesanía, na que ademais de multitude de postos de diversos produtos, había exposicións de obxectos antigos e de pintura, ademais de degustacións de licores e doces. Esta era unha das actividades da Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial que promove a Asociación A Caniceira de Trives por quinto ano consecutivo. No programa non faltou un desfile de fulións e moitas actuacións musicais.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotografías na edición de setembro do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button