DeportesÚltima hora

V RallyMix da Gudiña, o 15 e 16 de setembro por terra e asfalto

A proba automobilística comezará o sábado ás 12h. coa primeira pasada sobre un trazado de 10,5 km

A quinta edición do RallyMix da Gudiña (III Memorial Guillermo Lago) aglutinará, os días 15 e 16 de setembro, automobilismo e natureza nun mesmo evento que será a proba decana do campionato galego desta especialidade.

A proba automobilística comezará o sábado coas verificacións técnicas e administrativas dos vehículos participantes. Así mesmo, os pilotos realizarán o recoñecemento do tramo en vehículos de rúa. A continuación, publicaranse a lista de vehículos autorizados a tomar a saída, para comezar ás 12 horas, a primeira pasada ao percorrido do circuíto, que se desenvolverá por pistas de terra e asfalto do municipio, cun trazado de 10,5 quilómetros. Desde as 13:30 ás 15:30 horas haberá un parón e, posteriormente, retomarase a competición con dúas pasadas máis ao circuíto.

 

Jorge Pereira, Felipe Fernández, Vicente Vázquez, Rosendo Fernández, José María Lago e Gerardo Armesto na presentación do 5º RallyMix.

 

Ao día seguinte realizaranse dúas pasadas máis ao trazado, comezando a primeira ás 10 horas. A entrega dos trofeos está prevista para as 14 horas.

A organización, a Escudaría HC Competición espera reunir a unha corentena de pilotos. Ata o momento hai máis de 20.

 

Artigos relacionados

Back to top button