DeportesÚltima hora

V Ruta BTT de Parada de Sil, o 23 de setembro

Contará con dous percorridos, un de 38 km e outro de 53 km, e non terá carácter competitivo
Cartel da proba.

 

Polos sendeiros da Ribeira Sacra, polos seus bosques e miradoiros, y tendo como pano de fondo os impresionantes Canóns do Sil. Por este atractivo escenario discurrirá a quinta edición da Ruta BTT Parada de Sil, que se celebraá o vindeiro domingo 23 de setembro.

Os participantes poderán escoller entre dous traxectos: unha ruta curta, de 38 km de lonxitude (1.450 m. desnivel positivo), e outra longa, duns 53 km (1.850 m. desnivel positivo). Será unha proba circular, con saída (ás nove da mañá) e meta na Fábrica da Luz (Barxacova, Parada de Sil). Os participantes contarán con avituallamentos sólido e líquido en varios puntos do percorrido.

O custe das inscricións é de 9 euros (sen comida) e de 17 euros coa comida (para os acompañantes a comida custará 10 euros). Para máis información e inscricións pode visitarse a web: www.rutasdeourense.com.

Esta proba será organizada por Rutas de Ourense en colaboración co Albergue A Fábrica da Luz, o Concello Parada de Sil e a ADG Os Biciclistas.

Artigos relacionados

Back to top button