DeportesÚltima hora

V San Mamede Desafío Solidario, en Castro de Escuadro (Maceda)

O evento inclúe andaina e carreira de montaña e celebrarase o domingo 17 de maio

CARTEL  OFICIAL ALTA CALIDADE

O vindeiro domingo 17 de maio celebrarase no pobo de Castro de Escuadro (Maceda), o V San Mamede Desafío Solidario, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Via XVIII, un evento que abrangue dúas modalidades deportivas: andaina e carreira de montaña puntuable para a Copa galega de carreiras por montaña.

A saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro ás 9h. para a modalidade andaina e ás 10h. para a modalidade carreira.

A proba de carreira de montaña ten unha distancia de 21 quilómetros, o seu punto máis alto é de 1601 metros e o máís baixo de 659 metros, cuns desniveis que chegan ata o 38%.

A organización conta cun seguro de responsabilidade civil, e de accidentes, así como cun servizo médico e de ambulancia.

O prazo de inscricións remata o xoves 14 de maio e poden facerse via online en www.championchipnorte.com, ou presencialmente no Concello de Maceda ou na Tenda RUN04 de Ourense. O prezo é de 10 euros para a andaina; e 15 (federados) e 18 euros (non federados) para a carreira.

Tal como explican dende a organización, o 20% da recadación das inscricións destinaranse ao programa “loita contra a pobreza e a exclusión” xestionado por Cruz Vermella e que irá destinada a persoas afectadas pola crise socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500 euros/mes); maiores con responsabilidades familiares (maiores de 65 con fillos e netos a cargo, máis de 2 membros na unidade familiar); persoas de familias con todos membros en paro (ingresos menores a 500 euros/mes); parados de longa duración (máis de 1 ano en desemprego); e persoas sen fogar.

Artigos relacionados

Back to top button