DeportesÚltima hora

A V Velada Vila do Barco homenaxeará ao “Lobo de Galicia”

O 13 de xuño inaugurarase no Teatro Lauro Olmo unha exposición fotográfica sobre a vida do ex loitador Antonio Iglesias
O valdeorrés Javier Carriba loitará na V Velada Vila do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
O valdeorrés Javier Carriba loitará na V Velada Vila do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

O venres 17 de xuño ás 22 horas, o pavillón de Calabagueiros acollerá a V Velada Concello Do Barco, unha gala mixta de MMA, Kick Boxing/ K1 e Boxeo na que participarán loitadores valdeorreses e bercianos que se enfrontarán a combinados chegados de todo o norte de España.

O evento deportivo organizado polo Club Kick Boxing Valdeorras e o Mamba K1 Club, rendirá homenaxe a Antonio Iglesias “O Lobo de Galicia”, loitador entre os anos 58 e 90, profesional de loita libre, campión de España, de Europa e do mundo que tamén practicou boxeo. “Na gran pantalla actuou en filmes como Aquileo Venganza, El secreto de las Esmeraldas, Cumbia, Ahora mis pistolas hablan, Hombre de Acero así como en series de televisión”, explican dende o Club Kick Boxing Valdeorras.

Antonio Iglesias. /Foto: Facebook El Lobo de Galicia.
Antonio Iglesias. /Foto: Facebook El Lobo de Galicia.

Unha semana antes da gala-homenaxe ao loitador orixinario da Ribeira Sacra e vinculado a Valdeorras, o Teatro Lauro Olmo acollerá unha exposición fotográfica que recolle a vida deste púxil falecido o 11 de outubro de 2015. A mostra inaugurarase o vindeiro luns 13 de xuño ás 21:30 horas contando coa presenza du dos seus fillos e dous netos que residen no Barco.

Máis información sobre a velada na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button