ConcellosÚltima hora

Vacacións en Paz 2015 para nenos saharauis

O programa de acollida temporal abre o prazo de solicitudes ata o 1 de decembro
Cartel do programa Vacacións en Paz 2015.
Cartel do programa Vacacións en Paz 2015.

Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos saharauis que en Galicia desenvolve a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, durante os meses de xullo e agosto.

A comunidade galega vén participiando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, “ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados da familias galegas acolledoras. Este ano estiveron en Galicia 326 nenos” tal como explican dende a ONG, engadindo que “este programa lévase a cabo grazas á colaboración económica de familias e concellos que se acollen ao proxecto, por iso é tan importante que o coñezan”.

O obxectivo xeral do programa é trasladar aos nenos saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Arxelia), para pasar dous meses de verán coas familias galegas.

Para poder ser familia acolledora son requisitos básicos: voluntariedade, dispoñibilidade e responsabilidade ante a protección e necesidades do menor. As persoas que decidan formar parte do programa poderán realizar a súa solicitude nos Servizos Sociais do seu concello, e tamén dirixíndose a Sogaps a través do número: 986 262 637.

O prazo para as solicitudes de acollemento está aberto ata o 1 de decemebro.

Artigos relacionados

Back to top button