ConcellosParada de SilÚltima hora

Vacinación contra o Covid-19 no xeriátrico Luces do Sil de Parada de Sil

 

Esta mañá un equipo de vacinación enviado pola Xunta de Galicia desprazábase ata Parada de Sil para proceder a administrar a vacina contra o Covid-19 a persoal e residentes do xeriátrico Luces do Sil. Neste caso tratábase do equipo nº 6 composto por Alberto Rodríguez (Centro de Saúde de Verín, especialista enfermaría Familiar e Comunitaria) Luis Enrique Lorenzo (Centro de Saúde de Verín).

“Neste centro non houbo ningún contaxio dende o inicio do Covid, nin entre os usuarios do centro nin entre os traballadores o que amosa a responsabilidade e o mesmo tempo a sorte que tivo o centro”, tal e como se indica dende o Concello de Parada de Sil.

As 65 persoas usuarias do centro e 23 traballadores tiveron a sorte de recibir a vacina para empezar o 2021 nas mellares condicións contra a pandemia. Entre as persoas vacinadas está Modesta Fernández Vilar que, aos seus 105 anos, recibiu a vacina con ledicia.

Esta era unha das residencias de maiores da provincia na que se desenvolvía esta terceira xornada de vacinación na provincia de Ourense. Tamén se vacinaba noutros centros de maiores na Rúa e en Chandrexa, entre outros.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button