ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Vacinación dos voluntarios das agrupacións de Protección Civil do oriente ourensán

 

A primeira hora desta tarde comezaba no Hospital Públido de Valdeorras, no Barco, a vacinación contra o Covid-19 dos voluntarios agrupacións de voluntarios de Protección Civil da parte oriental da provincia de Ourense: San Xoán de Río, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Larouco, A Rúa, Petín, Vilamartín e O Barco.

O límite de idade dos voluntarios citados era de 65 anos e administrabáselles a vacina de AstraZeneca. A vacinación dos efectivos de Protección Civil na provincia comezaba o pasado sábado na zona de Ourense, continuaba hoxe no Hospital do Barco e nos seguintes días seguirá noutra parte da provincia. Estímase que neste colectivo recibirán a vacina unhas 600 persoas.

 

Cedida.

 

O presidente da Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil de Ourense, Clemente Pérez Arias, vén de amosar o seu agradecemento “a todas as persoas e institucións que traballaron para axilizar esta vacinación”.

Lembraba neste senso que esta demanda plantexáraa nun principio o presidente da Asociación Nacional da Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nunha carta remitida cando aínda era ministro de Sanidade Salvador Illa, “pedíndolle que se nos tivese en conta como colectivo prioritario de vacinación”.

 

Algúns dos voluntarios de Protección Civil citados, tras a vacinación./ Foto cedida.

 

Xa no marco galego, Clemente Pérez agradece o esforzo e traballo realizado para facer posible esta vacinación do xefe provincial, do director xeral de Emerxencias, do vicepresidente primeiro e do presidente da Xunta, así como o labor da Consellería de Sanidade e da Fegamp. “Queremos darlles as grazas pola atención e por preocuparse de nós, dalgunha maneira isto recoñece o traballo que as agrupacións de voluntarios estiveron desenvolvendo ao longo do ano 2020 e que continúan facendo actualmente”.

 

Clemente Pérez, presidente da Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil de Ourense.

 

Ademais dos voluntarios de Protección Civil, esta tarde tamén se procedía a vacinación de persoal de centros educativos do distrito sanitario do Barco, así como de membros das Policías Locais da zona e do GES Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás unha que é cedida.

 

Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button