ConcellosO BarcoÚltima hora

Vacinación sen cita previa, este sábado 11 de setembro no Hospital de Valdeorras

 

Mañá, sábado 11 de setembro, entre as 9 e as 21 horas, estará aberta a vacinación contra o Covid-19, sen cita previa, no Hospital Público Valdeorras. Poderán acudir todos os maiores de 12 anos que, por diferentes motivos, aínda non recibiran a primeira dose, presentado a tarxeta sanitaria.

Tamén estará aberta a vacinación, no mesmo horario, no Hospital Público de Verín e en Expourense.

A nova xa a avanzara o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantando asemade a situación da vacinación en Galicia. “O 92,5% dos galegos que forman a poboación diana teñen unha dose; e o 85,8% desa poboación ten as dúas”, dixo, asegurando que a intención é que o 19 de setembro estea vacinada a poboación escolar.

Os días 13 e 14 deste mes tamén se habilitará un punto de vacinación nos sete campus universitarios de Galicia para protexer a todos os estudantes universitarios que comezaban o curso esta semana.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button