ConcellosCulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

“Vaia Circo!”, unha vibrante viaxe pola percusión con Odaiko

Este espectáculo representábase na noite do 1 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco

Dende o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco, Odaiko propoñía na noite do 1 de abril unha divertida, didáctica e interactiva viaxe polo mundo da percusión ao longo de 60 minutos co seu espectáculo “Vaia Circo!”. Estaba protagonizada por catro percuteiros que, tras deixar a súa aldea (“Tamtarantam”), comezaban unha intensa viaxe de apenas unha semana por España visitando diferentes comunidades (Madrid, Andalucía, Valencia, Cataluña ou País Vasco) e adentrándose en estilos musicais tan diversos como a muiñeira, pasando polo “Bolero de Ravel” e a ópera “Carmen”, ata o musical “O Rei León” ou os ritmos brasileiros ou andaluces.

Neste singular traxecto botaban man de todo tipo de instrumentos: diferentes tambores (entre o odaiko, que dá nome á formación), un xilófono, paus, botellas con auga, unha guitarra, os propios pés e mesmo algún inventado como a contrabacia. A viaxe finalizaba cunha conversa directa co público, ao que non deixaban indiferente en ningún momento.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button