EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Valdeorras, a D.O. galega con máis porcentaxe de “Grandes Ouros” na “Guía dos Viños de Galicia 2019”

O seu coordinador, Luis Paadín, vén de presentar a nova edición desta guía na sede do consello regulador valdeorrés

Entre as 400 páxinas e máis de mil fichas de cata da “Guía de Vinos, Destilados y bodegas de Galicia 2019” (Paadín Eventos, SL), que vén de saír á rúa, cobran protagonismo as referencias valdeorresas. “Nesta edición aumentamos nun 20% o número de viños de Valdeorras e contamos cos das dúas cooperativas. Sentímonos extremadamente respaldados”, aseguraba o seu coordinador, Luis Paadín, na presentación desta guía, celebrada na mañá do 14 de decembro na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín.

Neste acto, estaba acompañado polo presidente desta denominación, José Luis García Pando, quen valorou o traballo realizado na guía e a súa “seriedade”, así como “o feito de que non teña publicidade, a diferenza doutras”. Tamén agradeceu o detalle de que cada ano “teñan a consideración de vir a presentala á nosa denominación”.

No decurso da súa intervención, Luis Paadín explicaba os contidos desta guía que achega máis de mil fichas de cata de viños de toda Galicia e que incrementa o número de viños catados con respecto á edición anterior. Ademais distingue, en función das mellores puntuacións (entre 100 e 92 puntos con grandes ouros, 91-85 punts ouro e 84-80 puntos prata) a unha serie de viños, entre os que figuran uns 121 viños (19 Gran Ouro, 70 Ouro e 32 Pratas) de 34 adegas de Valdeorras, que é ademais a denominación galega que rexistra unha maior porcentaxe de “Grandes Ouros”. “En Galicia levamos 2.000 anos de historia do viño e Valdeorras é unha das comarcas con máis tradición e a primeira desta última etapa que empezou a facer os deberes antes que os demais”, resaltaba Paadín. Ademais incidía na “profundidade” dos viños valdeorreses e a capacidade desta zona para “meter a súa paisaxe dentro dunha botella”.

As notas de cata desta guía son o resultado duns 25 paneis de cata, coa participación de 47 catadores. Nas súas páxinas tamén se achega información sobre solos con xenuínos mapas edáficos, climáticos e pluviométricos (de varios anos) de cada D.O., “o cal é moi significativo para comprender a natureza de cada un dos viños e a diversidade das colleitas”, matiza Alejandro Paadín, co-redactor da guía, tamén presente no acto xunto a Javier Paadín, xestor documental da obra.

Fotos: Carlos G. Hervella.

GRAN ORO (19)
200 Cestos de A Coroa 2016
A Coroa Ladeira Vella 2015
As Sortes Val do Bibei 2017
Avancia 2017
Escada 2016
Escada Lembranzas 2015
Fardelas de Viñaredo 2015
Finca A Mata 2015
Godeval 1986 2017
Guitián +50 Meses 2011
Lagar do Cigur Garnacha Tintureira 2013
Maldito 2016
Memoria de Ventura Garnacha Tintureira 2015
O Luar do Sil Fermentado en Barrica 2015
O Tesouro 2016
Sampayolo Garnacha Tintureira 2017
Sorte O Soro 2016
Traste 2016
Vella da Chaira do Ramiriño 2016

ORO (70)
A Coroa Lías 2016
A Costiña 2015
Alán de Val Tinto 2017
Alán de Val Castes Nobres 2014
As Lindes Blanco 2016
Avancia Cuveé de O Blanco 2017
Avancia Cuveé de O Tinto 2017
Bancales Moral 2015
Bioca Blanco 2016
Brinde Reserva Brut 2014
Casal Novo Blanco 2017
Castelo do Papa Blanco 2016
Cepado Blanco 2017
Cepado Black Edition Lías 2017
Codos de Larouco Tinto 2016
Cova Baladal 2016
D’Berna Blanco 2017
D’Berna Tinto 2017
D’Berna Barrica Tinto 2015
D’Berna Lías 2017
Domus 2014
Erebo Blanco 2017
Fernando González 2017
Finca Trasdairelas 2017
G del Galir 2014
Godeval 2017
Godeval Cepas Vellas 2017
Guitián 2017
Guitián Acacia 2012
Guitián Fermentado en Barrica 2015
Guitián Sobre Lías 2017
Guitián Vendimia Tardía 2011
Hacienda Ucediños Tinto 2017
Joaquín Rebolledo Blanco 2017
Joaquín Rebolledo Tinto 2017
Joaquín Rebolledo Barrica 2016
José Aristegui Blanco 2017
José Aristegui Tinto 2017
Lagar do Cigur Blanco 2017
Lomas de Fontei Tinto 2016
Louro do Bolo 2017
Mil Ríos Barrica 2014
Mil Ríos Godello 2016
Montenovo 2016
O Luar do Sil Sobre Lías 2016
Pagos del Galir Blanco 2017
Pagos del Galir Selección Rosa Rivero 2014
Pedrazáis Tinto 2015
Pedrazáis Sobre Lías Blanco 2017
Quinta da Peza Oro Barrica 2016.293
Sampayolo Blanco 2017
Sampayolo Tinto 2017
Sampayolo Barrica Tinto 2015
Secretos Tinto 2017
Trebón 2015
Valdesil Lías 2015
Verdes Castros Godello 2016
Vía XVIII 2016
Viña Abad Summum 2016
Viña Corzo Tinto 2015
Viña Corzo Blanco 2016
Viña Costeira Mencía 2016
Viña de Fornos Blanco 2017
Viña de Fornos Tinto 2017
Viñaredo Blanco 2017
Viñaredo Barrica Castes Nobres 2014
Viñaredo Tostado 2013

PLATA (32)
Alán de Val Blanco 2016
Alento 2017
A Rúa Blanco 2017
Can do Sil Blanco 2016
Can do Sil Tinto 2016
Casal Novo Tinto 2017
Dona Delfina 2016
Ededia 2016
Erebo Tinto 2016
Finca A Coronela 2016
Hacienda Ucediños Blanco 2017
Hacienda Ucediños Barrica 2016
Ladeira do Sil Tinto 2016
Lagar do Cigur Tinto 2017
Memoria de Ventura Blanco 2017
Neno 2017
Pagos del Galir Tinto 2016
Pedrazáis Barrica Blanco 2015
Pingadelo Blanco 2017
Pingadelo Tinto 2017
Quinta da Peza Mencía 2017
Sampayolo Barrica Blanco 2015
Secretos Blanco 2017
Teixadal de Casaio 2016
Valderroa 2015
Valdouro 2015
Verdes Castros Mencía 2016
Vía Nova Blanco 2017
Vía Nova Tinto 2017
Viñaredo Tinto 2017
Viñaredo Barrica Tinto 2015
Viñaredo Barrica Selección Blanco 2016

Artigos relacionados

Back to top button