Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima hora

Valdeorras, a D.O. ourensá con máis medallas nos Premios Bacchus 2020

Sumaba 7 galardóns, mentres que o Ribeiro colleitaba 4 e a Ribeira Sacra 3

 

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concurso Internacional de Viños Bacchus, organizado pola Unión Española de Catadores, vén de facer público o medalleiro da súa edición do 2020. Entre os viños distinguidos hai 16 que son de denominacións de orixe ourensás. Entre elas destaca a D.O. Valdeorras cun total de 7 medallas. Delas tres son de ouro e corresponden aos viños: A Coroa 200 cestos 2018  (de Adega A Coroa), Guitián xove 2019 (A Tapada) e O Luar do Sil sobre lías 2017 (Pago de los Capellanes).

Ademais outros catro viños valdeorreses eran premiados con medallas de prata: A Coroa 2019 (A Coroa), D’Berna Garnacha Tintorera “Ele” 2017 (Guitián & Blanco), Joaquín Rebolledo godello 2019 (Joaquín Rebolledo) e Bioca godello 2019 (M. Teresa Núñez).

Destacados eran así mesmo os catro recoñecementos logrados pola D.O. Ribeiro: Bacchus de Ouro para Ramón do Casar Godello 2018 de Ramón do Casar S.L. e para Gotas de Mar fermentado en Barrica 2018 de Hammeken Cellars S.L. e Bacchus de Prata para Libro 2018 de Antonio Cajide Gulín e para Ramón do Casar Nobre Treixadura 2018 de Ramón do Casar S.L.

Ademais, Ribeira Sacra  sumaba tres medallas: Regina Expresión (B. Regina Viarum),  Don Cosme 2019  (EDV 2015) e Vel’Uveyra godello 2018 (Ronsel do Sil).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close