EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Valdeorras, a denominación ourensá con máis medallas de “Gran Ouro” na “Guía Paadín”

A décima edición da "Guía de Viños de Galicia" vén de presentarse nos diferentes consellos reguladores da provincia

Presentación da “Guía de Vinos de Galicia”, no CRDO Valdeorras./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

Ata 20 medallas de “Gran Ouro” suma a D.O. Valdeorras na “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020”, que dirixen Luis e Alejandro Paadín, sendo a denominación ourensá con máis distincións deste tipo nesta edición. Este volume (editado por Paadín Eventos) vén de presentarse nas catro denominacións de orixe da provincia de Ourense.

A guía toma o pulso ao sector galego en cada campaña. Para elaborar este volume, de 432 páxinas (32 máis que no 2019), catáronse máis de 1.500 viños e destilados de máis de 500 adegas e destilerías (a totalidade das amparadas nas denominacións de orixe e IXPs de Viño da comunidade). Contouse para iso con 39 catadores expertos en viños galegos e catadores convidados do Bierzo, Zamora, Málaga, Toro, Rioja, Ribeira del Duero e Londres, distribuídos en 25 paneis de cata.

Nesta décima edición da guía os viños da D.O. Valdeorras suman un total de 131 medallas: 20 de Gran Ouro, 68 de Ouro e 43 de Prata. Ademais hai 11 adegas que conseguen os Premios Ampelos, que se outorgan dende hai 2 anos a aquelas adegas que obteñen 5 Grandes Ouros, “sendo un recoñecemento ao esforzo, constancia e excelencia”, explican Luis e Alejandro Paadín. Estes galardóns entréganse na cea de gala da guía que acostuma organizarse anualmente.

 

Presentación da guía na D.O. Ribeiro./ Foto: CRDO Ribeiro.

 

Dentro da D.O. Ribeiro un total de 185 viños de 66 adegas distintas resultaban distinguidos neste traballo. Deles 18 acadaban medalla de Gran Ouro, 121 de Ouro e 46 eran recoñecidos coa de Prata, senso seis os premios Ampelos. “Este incremento nas distincións é unha recompensa enorme ao bo facer das adegas e viticultores da D.O.”, aseguraba o seu presidente, Juan Manuel Casares.

 

Luis e Alejando Paadín, na presentación da D.O. Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

A D.O. Ribeira Sacra conseguía nesta edición 19 medallas de Gran Ouro, 140 medallas de Ouro e 37 medallas de Prata, ademais de 4 trofeos Ampelos. Na súa presentación no Ribeiro Luis Paadín sinalaba que os viños desta denominación “denotan unha gran diversidade e transfírese na guía pola gran cantidade de referencias de pequenos produtores”.

Tamén neste luns 16 de novembro a guía presentábase na D.O. Monterrei.

Incorporación da orixe da uva nas fichas

Unha das novidades da Guía Paadín do 2020 é que “inclúe os nomes das parcelas, lugares e municipios dos que proceden as uvas de moitos dos viños”, resalta Luis Paadín. En concreto incorpórase á ficha dos viños catados a orixe da uva en base a tres niveis: zona/rexión, concello/parroquia e parcela. Todo iso tomando como base a información aportada polos adegueiros.

A guía achega máis de 2.000 referencias, así como un histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 3 anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, etc.

Este é o oitavo ano consecutivo que este libro se edita polo sistema de micro-mecenado, contando nesta edición co apoio de máis de 200 mecenas e sendo a única guía galega que non admite publicidade de adegas, nin de marcas co fin de conservar a independencia coa que foi concebida.

GRANDES OUROS POR D.O.

Valdeorras:

200 Cestos de A Coroa 2017
A Coroa Lías 2017
As Sortes Val do Bibei 2018
Avancia 2017
Escada 2017
Escada Lembranzas 2015
Fardelas de Viñaredo 2016
Godeval 1986 2017
Godeval Cepas Vellas 2018
Guitián+50 meses 2014
Guitián fermentado en barrica 2017
Lagar do Cigur G.T. 2013
Memoria de Ventura G.T. 2015
O Luar do Sil F.B. 2016
O Luar do Sil sobre lías 2017
O Tesouro 2016
Sorte O Soro 2016
Traste 2016
G. Vella da Chaira do Ramiriño 2016
Vía XVIII 2017

Ribeiro:

A Teixa 2017
Armán Finca Os Loureiros 2016
Armán Finca Misenhora 2016
Coto de Gomariz Finca O Figueiral 2017
Cuñas Davia Barrica 2017
Emilio Rojo 2017
Finca Viñoa Embotellado Tardío 2016
Finca Viñoa Paraje Penaboa 2014
Mal Raio Te Parta 2018
Ramón do Casar Nobre 2017
Ramón do Casar Lento 2017
Teira X 2018
Saramusa 2018
Viña de Martín Escolma 2015
Val de Nairoa 2017
Super Héroe 2016
Alma de Reboreda 2008
Tostado de Costeira 2013

Ribeira Sacra:

Abadía da Cova Xuno 2018
Adega Vella Tradición 2017
Adobe 2018
Algueira Carravel 2016
Algueira Risco 2016
Capricho 2015
Casa Moreiras Selección 2018
Cividade E. L. José Verao 2018
D’Fris 2017
Don Bernardino 4 Generación 2015
Expresión Histórica 2015
Finca Míllara 2016
Gaela Os Queixeiros 2017
Gaios 2015
Neno da Ponte Oubenzas 2017
Prómine Barrica 2017
Sabatelius Carballo 2016
Tolo do Xisto Os Conventos 2015
Vía Romana 2017

Artigos relacionados

Back to top button