En portada

Valdeorras, a terceira D.O. española mellor puntuada na “Guía Peñín 2016”

Esta publicación está considerada un referente no mundo do viño español
Copas de godello valdeorrés./ Foto: Carlos G. Hervella.
Copas de godello valdeorrés./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con nota, e moi alta, valora o equipo da “Guía Peñín 2016” aos viños valdeorreses. Nesta publicación, que se presentaba o 29 de outubro no Pazo de Congresos de Madrid (no marco do XVI Salón dos Mellores Viños de España), a Denominación de Orixe Valdeorras suma “89,7 puntos de media” e aparece como a “terceira denominación coa media máis alta nesta edición”, tal e como se destaca dende o seu consello regulador.

Nesta guía recóllense e puntúanse marcas de 30 adegas valdeorresas, boa parte delas con puntuacións de máis de 90 puntos. “As marcas máis valoradas con 95, 94 e 93 puntos van para as adegas: Telmo Rodríguez, Valdesil, Rafael Palacios, A Tapada, Santa Marta, Avancia e Godeval”, segundo destaca o CRDO Valdeorras.

A “Guía Peñín” nesta edición do 2016 recolle ao longo de 1.296 páxinas un total de 11.200 viños, un dato que dende “a organización califican de histórico, con 1.000 novos viños e preto de 307 adegas novas de toda España”, matizan dende o consello regulador valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button